A palabra silenciada

Xoves, 10 e media da noite. Recibimos unha chamada dende a Praza de Galicia. Unha de nós baixa do autobús e atópase cunha persecución cando menos inquedante. Os antidisturbios corren detrás dun grupo de xente que tenta fusionarse coa escuridade da noite para escapar de algo que, nese momento, aínda se nos escapaba.

Corremos polos equipos. Unha cámara de fotos e o tradicional bolígrafo e papel. É unha saída moi improvisada, pero sabemos que temos que ir. Chegamos á praza de Cervantes e alí, rompendo coa súa estridencia a calma da noite, as sereas dos furgóns dos antidisturbios captan a nosa atenta ollada. Un home dinos que un grupo de xente se estaba a manifestar contra a inminente visita do Papa cando a policía comezou a tomar represalias. Decidimos seguir os axentes que van en dirección á Porta do Camiño. Sacamos un par de fotos e, coma se o flash acendera neles unha ofensa imperdoable, paran en seco e nos piden acreditación. Que gracioso o momento! Acreditación para sacar fotos na rúa; aí comezaron as ironías.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Baixamos igualmente á Porta do Camiño e alí atopámonos con preto de trinta persoas berrando consignas contra a chegada do Papa. Poñémonos no seu lado e aos dous coches de antidisturbios que xa están colocados na outra beira do paso de peóns se lle suman outros dous. Parece unha redada ao máis puro estilo dos trinta, e máis tendo en conta que a gran ameaza á que parecen enfrontarse é a simple voz dun conxunto de cidadáns que tentan expresarse con palabras que, iso si, perturban os plans que as autoridades tiñan previstos.

O problema non era pois que a manifestación fose ilegal, entre outras cousas porque a súa ilegalidade viña por parte da censura previa que xa sufrira na administración tal e como o explica no vídeo-reportaxe unha das implicadas; o problema era a incomodidade que todo isto xeraba porque a visita do Papa estaba prevista con tanta rixidez que acabaron por esquecerse do máis importante, diso que, por sorte, aínda adoita escaparse ás veces das normas establecidas; esquecéronse da xente e do seu sentir.

A cuestión non foi pois se a manifestación era legal ou non, se os manifestantes eran dun bando político ou doutro, a cuestión que o xoves pasado se viviu na Porta do Camiño estaba intimamente vencellada aos valores da sociedade na que vivimos, unha sociedade na que é preciso obter un permiso para falar na rúa, unha sociedade que mantén a crenza de que na violencia reside a vitoria das nosas accións, unha sociedade que permite que a policía cargue con brutalidade contra uns simples cidadáns ante o atento silencio dos medios de comunicación que, guiados pola mesma liña editorial có poder, prefiren mirar cara a outro lado e seguir co espectáculo que simbolizou a irracional visita do Papa a Santiago de Compostela. Os actores interpretaron o seu papel e fixeron que o espectáculo continuara. O resultado da función, se cadra, non acabou por ser tan exitoso coma a parodia que eles mesmos representaron.

Continuamos gravando

En decembro de 2009 xurdía a idea deste proxecto. Un proxecto que, logo de varios meses, comezaría a súa andaina. O Camiño de Santiago sería o elemento esencial da primeira proposta.

Pero pasa o tempo e florecen novas ideas. Agora Cámara en Aberto non irá soamente polo camiño que leva a Compostela, senón que viaxará por outros moitos nos que  poda atopar historias novas que contar.

Por iso o noso blogue, logo dun tempo de reflexión, pasará a ser un lugar onde se recollerán os “retrincos” dunha nova viaxe.

Esperámosvos neste novo percorrido.

 

Fusións en Compostela

Se alguén di Jerez, que pensas?

Andalucía, flamenco, calor?

E se ademais che digo Texas?

Tenta fusionar esas dúas palabras na túa mente, tan só por un segundo. Que ves? Resulta complexo?

Moi ben, pois direiche o que vexo eu. Jerez Texas. O grupo de constantes fusións entre o flamenco, o jazz e a música clásica. O trío da batería, o cello e a guitarra. O trío que recolle o mellor dos diversos estilos. Eu vexo Jerez Texas e os vexo aquí, en Compostela; e é que hai menos dun mes o seus acordes impregnaron de cor a noite santiaguesa.

A Borriquita de Belem, un pequeno pub da zona vella, foi quen de achegarllos a un público intrigado por esa inquedanza, por esa peculiar fusión. As dúbidas despexáronse cos primeiros temas que o grupo presentou. Houbo palmas, flamenco… pero tamén houbo moito e moi bo jazz. A mestura de dous estilos en teoría tan afastados resultou tremendamente interesante. Con todo, Jerez Texas non son, nin moito menos os primeiros en arriscarse con isto, é certo, pero teñen un estilo propio e especial que fai que no seu directo o público quede prendado. Pódeche gustar o que fan ou non, mais a calidade na execución e na fusión harmónica de realidades tan diversas non che pode deixar indiferente.

Desgrazadamente o seu paso por Galiza xa rematou.  A próxima cita será en Valencia, mais de seguro que coa cálida acollida que recibiron en Compostela, non han de tardar moito en volver por estas terras.

Sentimos a mala calidade do vídeo, pero o concerto pillounos desprovistas de cámaras e material. Así animádesvos e pasades a velos nun directo para comprobar o son

A Sombra compañeira

Facíase tarde. O sol comezaba a sair. Xa durmira vestida asi que só tiven que calzar as miñas botas.  Un día máis na travesía do camiño de Santiago. Mirei o mapa e púxenme a camiñar hacia Palas de rei, o próximo destino. Unhas cantas fotos agochadas no pantalón era canto gardaba daquel pobo misterioso, recordos dunha vella amiga que antes ca min estivo aquí.

A auga xa estaba quente pola calor, os pés empapados nos calcetíns de la,o suor esvarábame pola fronte…soa seguía camiñando admirando as paisaxes que ía atopando, paisaxes ricas dunha beleza que non se asemallaba aos meus recordos de google maps, paisaxes mesturados cun aire limpo, provistos de cores da primavera…cada árbore un pensamento…cada insecto unha vida…cada flor un cheiro… e a cada paso unha satisfacción.

Decidín facer soa o camiño, quería encontrarme comigo mesma, ou iso era o que dicía a lenda, un camiño de encontro cá túa alma, de encontro contigo, de coñecemento…era o que necesitaba… e ninguén me podería axudar, soa debería comezar e soa debería rematalo.

Certo é que abundaba a xente nos pobos, os peregrinos no camiño…moreas deles encontrei…pero certo é,  que eu camiñaba soa.

Unha igrexa abandonada, un castelo perdido, un pobo encantado…Eu era Alicia e aquel pobo  o país das maravillas! Son dunha gran urbe, de esas onde non coñeces o veciño nin de vista, daquela na que só traballas na oficina, naqueloutra onde non hai campos con herba, nin flores con aroma… nin nada que se  asemelle ao que os meus ollos estaban a contemplar…

O sol quentaba con máis forza, xa mediodía…parei a descansar nunha árbore preto dun embalse, preto dun castelo, o castelo de Pambre…e alí estaba eu, Alicia, escoitando o piar dos paxaros, a lixeira brisa das follas, o forte caudal da fervenza…sentada,pechei os ollos un anaco pero os raios de luz coláronse por entre as follas da árbore e reflexou a miña sombra.

Esa que viñera conmigo no recorrido. Non fun soa, non, ela seguíame alí a onde fora, e mais ao non decatarme da súa existenza ata agora, sentín un alivio de sentir outra presenza que estivera disfrutando comigo de esa aventura que se convertería en lembranza, o recordo dun pobo que me engaiolou con só pisalo, o pobo de Palas de rei.

Seguinte parada…

Coñecer Galicia. Ese pode ser tamén un dos obxectivos do comezo da nosa  andaina en Cámara en Aberto. Galicia é un espazo no que existen milleiros de recunchos agochados. Recunchos descoñecidos pero non por iso esquecidos.   Deste xeito, alguén que sinte amor pola súa terra ou alguén que aínda sendo doutro lugar quedou prendada da  terra  galega,  non pode deixar pasar a oportunidade de adentrarse nun proxecto que intente achegar ao seu público ás  tradicións das súas xentes.

Se fai uns meses Cámara en Aberto  fixo a súa primeira parada en Arzúa, a provincia de Lugo voltou a ser o lar elixido para unha nova aventura. Esta vez, como destino principal, Palas de Rei.

Eran as 8 da mañá e o equipo estaba xa en marcha. Dende diferentes puntos de Galicia, Cámara en Aberto non deixou pasar a oportunidade de aproveitar os días de lecer da Semana Santa. Coa presenza da mellor compañeira da terra galega, a choiva, as compoñentes do equipo que viaxaban dende Santiago chegaron a Palas de Rei. Así, logo de definir o obxectivo fundamental da estadía na vila luguesa, somerxéronse na verdadeira Galicia: a Galicia rural. E un dos mellores exemplos desa paisaxe foi Vilar de Donas, unha pequena parroquia da mesma vila de Palas. O máis destacado, a súa igrexa románica. Igrexa da que Cámara en Aberto coñeceu ata o máis mínimo detalle gracias a Jesús, un veciño de 81 anos adicado ao coidado do tan prezado monumento. Jesús, un home comprometido coa súa terra e un gran estudoso da historia da súa aldea… Lee el resto de esta entrada »

Atopáchesnos? Non? Pois sigue buscando…

¿Dónde estamos?

Estamos en el camino…

… para enseñarte todos los recovecos y secretos …

… y que lleguemos juntos al mismo destino…

¿te vienes?

Cámara en aberto na 35 Festa do Queixo de Arzúa

Xornada do sábado na 35 Feira do Queixo de Arzúa

Amence, e o equipo de Cámara en aberto abre os ollos por primeira vez. “Ás 9 e media, na gasolinera” Rumbo a Arzúa co coche ata arriba (cámaras varias, cadernos, trípode, micros, bolis, grabadoras…) e catro mentes espertas e preparadas para a súa primeira viaxe como xornalistas.

Ás 11h da mañá abríase o recindo ferial onde terían lugar os principais actos da xornada. Ademais, nel atopábanse os stands nos que se podía disfrutar de mostras de gran cantidade de queixos e viños.

A mañá transcurriu tranquila, sen gran afluencia de público, pero animada pola música dalgunhas gaitas e dos queixeiros quentando motores. Á unha do mediodía inaugurábase oficialmente a feira, coa entrega de premios do “Concurso de cartaces Festa do Queixo”, o discurso do alcalde e outras persoalidades públicas e o pregón levado a cabo polo poeta Séchu Sende.

Por último, pechouse esta benvida formal coa actuación de “Alba Lírica Gospel”. O grupo viña de Madrid e deixou aos asistentes con moi bo sabor de boca e alegría, sobre todo coa súa despedida ao son de “Oh Happy Day”.

A tarde transcurriu máis animada e as rúas da vila e as xentes que se achegaran a ellas disfrutaron dunha tarde agradable e con ambiente festivo, como viña pregoando o pasarrúas coa súa alegre música… Lee el resto de esta entrada »